29.7.09

Decálogo de escritor

Autor: Manuel Darriba

1. Amar os máis grandes. Aspirar a medirse só con eles.
2. Non imitar a escritura dos mestres. Imitar a súa ambición.
3. Afastarse do clasicismo que se admira. Buscar vieiros novos para penetrar no que non se coñece. Abrilos un mesmo.
4. Ser obsesivo. Seguir o torturante camiño: desbotar, corrixir, destruír… Ir máis alá.
5. Non ter présa por publicar. Decidir o momento.
6. Non mirar atrás. Atrás non queda nada.
7. Non escribir para ser querido. Non escribir para ser odiado. A arte non é unha biografía.
8. Pór o texto por diante, ata desaparecer como persoa no momento en que xorde o escritor.
9. Ser incapaz de vivir sen literatura.
10. Ser consciente de que o resto é silencio.

Vía: Blog Galaxia