10.3.10

Por que escribo? (9)

.


Escribir é unha experiencia xenial. Podes crear mundos de fantasía e meterte neles, sen que nada nin ninguén cho impida. Eu non adoito escribir, pero cando o fago acendo todos os meus sentidos e a miña atención.
Imaxinas un lugar sen regras, normas nin restricións? Pois alí estou eu sempre que me atopo anoxado ou sen saber que facer. Porque a escritura é parte do teu tempo libre, non unha obrigación. Por iso vos recomendo que escribades, pois é un método xenial de relaxarse e desconectar da realidade.

Rubén.

Rubén obtivo o primeiro premio da súa categoría na IV e V edición do Certame do noso centro.




Sem comentários: