27.6.09

¿Por que escribir?


Está a páxina en branco e o tema que che obsesiona. Está a historia que quere dominarte e está a túa resistencia a que iso suceda. Está o teu desexo de liberarte daquilo, desa servidume, facer xatos, facer calquera outra cousa. Facer a coada, ver unha película. Están as palabras coas súas inercias, os seus matices, as súas insuficiencias e a súa grandeza. Están os riscos que corres e a serenidade que perdes, e a axuda que che chega cando menos o esperas. Está a revisión minuciosa, as tachaduras, as páxinas engurradas que inundan o chan de papeis para tirar. Está a frase que sabes que vas conservar. Ao día seguinte a páxina en branco. Entrégaste a ela como unha sonámbula. Algo che empuxa, que logo non podes recordar. Miras o que escribiches. É inútil. Empezas de novo. Nunca é máis fácil.
Margaret Atwood, Premio Príncipe de Asturias das Letras no ano 2008
Libro: A maldición de Eva.