Por que escribo?
Pois, aínda que o pense moito, non atopo resposta a esta, en principio, fácil pregunta.
Quizais escribo porque, como ben dixo Xabier Docampo, é unha forma de atoparme a min mesma e cos meus sentimentos. Ó mellor, é porque creo historias que non teñen moitas posibilidades de se facer realidade, ou porque o que penso e imaxino merece ser plasmado nun papel ou nun ordenador.
Ou, simplemente, escribo porque me gusta escribir.
A min, écheme o mesmo.
O único que sei é que escribo.E punto. HENAR
Sem comentários:
Enviar um comentário