POR QUE ESCRIBO?
Gústame ver como se moven as letras, como nacen das entrañas da miña estilográfica e como morren enterradas nunha capa de xeada e neve chamada típex. As miñas letras son como ceboliñas, redondas e con moitas capas, dulceamargas e para todos os públicos. Debúxoas cun boli Bic mordido e sen a tapiña de atrás, asasínoos e mutilo diariamente, a saber a cantos perderon a vida en época de exames, ás miñas mans e ás mans de estudantes nerviosos, sen escrúpulos.
Escribo en papel que ule a mandarina e nube, sempre con raias feitas con acibeche; en resumo escribo, para contar, con persoas que importan e coas que queren importar, para facerme, xa que como di Jose Luis Sampedro 'facerse é vivirse e non só estar vivo nin, menos aínda vexetar. Pero aínda importa máis outra pregunta: Para quen vivir? pois nin se fai un só nin se vive a soas ''
Sara
Sem comentários:
Enviar um comentário