7.3.10

Por que escribes? (4)

Escribir.
Escribir é un sentimento máis, unha forma de expresarse, unha forma de encontrarse cun mesmo, unha forma de coñecerse. Cando me preguntan por que escribo, non encontro respostas para contestar. Realmente é coma se che preguntasen: por que sentes? Hai alguén capaz de responder a iso? Sentimos para manternos vivos. Escribimos para non morrer en vida.

O sentimento de escribir é un sentimento total, que abrangue dende o amor ata a infidelidade, pasando pola traizón e a dor; dende a alegría ata a pena, dende a liberdade ata a angustia, dende os sonos ata os pesadelos... O escribir é o todo, todo se fai posible escribindo.

Todos probamos algunha vez ese sentimento. Algúns encontrárono na súa totalidade e decidiron vivir del, outros conformáronse con exploralo superficialmente e abandonalo sen saber todo o que deixaban atrás; e outros moitos aínda están a aprender a camiñar con el, como eu.
Anímote
a que ti tamén te unhas a nós! O único que che podo prometer é un mundo sen límites, cheo de todo.

Sara.

Sara obtivo o 2º premio da súa categoría no V Certame do IES de SANXENXO



Sem comentários: