Escribo, porque me gusta escribir.
Escribo porque as aburridas horas de inverno e as tardes chuviosas se pasan máis rápido escribindo. Escribo porque xa me cansei de facer outras cousas e porque a vida é menos monótona, máis amena e máis divertida cando se escribe.
Escribo sabendo que non servirá para cambiar o meu físico, nin os meus labios, nin os meus ollos, nin os meus pés ... Tampouco o meu futuro, seguramente non serei escritora nin nada que se lle pareza.
Pero escribo, a pesar de todo, porque sei que escribir pode cambiar o meu estado de ánimo, pode debuxar un sorriso e mesmo unha gargallada nun rostro sombrío, pode cambiar a miña mentalidade e tornala en positiva. Raquel
Sem comentários:
Enviar um comentário