7.3.10

Por que escribes? (2)

A min axúdanme a escribir as experiencias vividas, os sentimentos, pero sobre todo os libros que lin e que me fixeron crecer con cada páxina que pasaba. As frases dalgúns quedaron na miña mente coma uns proverbios para a miña vida. Tamén estes títeres dos escritores, chamados personaxes, axudáronme a coñecer novas maneiras de pensar e de sentir, fixeron que adquirira novos puntos de vista e a modificar a miña opinión, xa que comprendo os seus procedementos e actitudes.
Escribir é plasmarte, a ti e ao que te rodea. Cada palabra, cada oración é parte de ti e da túa personalidade. Por iso hai tantas maneiras de escribir; as mesmas que de ler e entender ás persoas e situacións.
Escribir é o conxunto de todo o vivido, incorporar involuntariamente ás palabras as experiencias, o camiño recorrido. Aqueles sorrisos, aquelas bágoas. O medo á felicidade. A dor, a inquedanza. Os soños, a realidade. O pasado, o futuro. Pegadas que quedan e que nos indentifican.    MIRIAM

Sem comentários: