Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística convoca o V CERTAME LITERARIO, de acordo coas seguintes bases:
Primeira. Participantes e categorías.
Alumnado dos centros de ensino do concello de Sanxenxo segundo as seguintes categorías:
A: Terceiro ciclo de Primaria
B: Primeiro ciclo de Secundaria
C: Segundo ciclo de Secundaria
D: Bacharelato
Segunda. Fases do certame.
1ª. Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías antes do 1 abril ao endezo eléctrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com
O alumnado do centro convocante inscribirase na Biblioteca antes da data sinalada. Poderá requerírselle un traballo de redacción previo para a súa selección.
2º. Fase de realización. Terá lugar no Ies Sanxenxo o 22 de abril dende ás 9:30 h. ás 12 h.
Terceira. Características do texto de redacción.
Tema: será elexido por sorteo entre varios temas propostos pola organización e aberto no momento da realización do exercicio.
Lingua: galega ou castelá.
Modalidade: prosa ou verso.
Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1 DIN A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantizar o anonimato.
Cuarta: Premios.
Establécense dous premios por categoría:
PRIMEIRO PREMIO: 80 euros
SEGUNDO PREMIO: 50 euros
Os premios consistirán nun talón económico canxeable nas librerías de Sanxenxo.
A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.
Quinta. Xurado.
A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de lenguas, arte e humanidades, e ex-alumnos premiados en edicións anteriores.
As súas deliberacións serán secretas e das súas decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente.
Sexta. Traballos seleccionados
Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.
Sétima. Aceptación das bases.
A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.
Sem comentários:
Enviar um comentário