Dende a Biblioteca do IES de Sanxenxo proponse unha actividade de expresión escrita para os alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria e o alumnado da etapa obrigatoria da Educación Secundaria: contos compartidos por correo electrónico.
A actividade nace como un obradoiro previo ao Certame Literario que nos últimos anos vense realizando entre os distintos centros do concello de Sanxenxo. Os alumnos do CEIP de Dorrón, do CEIP de A Florida e do Ies de Vilalonga participan cada ano demostrando un interese que vai en aumento, que se manifesta non só na súa actitude, senón tamén na calidade dos seus escritos.
A necesidade de formación fai que naza esta iniciativa a modo de obradoiro. Aproveitaremos as novas tecnoloxías enviando os relatos por correo electrónico e axudarémonos deste blog e dunha wiki como ferramentas complementarias na que se publicarán os contos resultantes.
Damos a benvida ao CEIP de Portonovo que se suma a esta iniciativa.
En marcha, pois. COMEZAMOS!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário