25.2.10

Novelista aos 15 anos

Cristina Prieto Solano ten quince anos. Vive en Ferrol. Estudia 4º ESO e guitarra e ademáis acaba de publicar a súa primeira novela: La claridad de la sombra.


Atopámonos ante unha obra pertencente ao xénero fantástico onde unha rapaza chamada Sara, tras achar un anel máxico, penétrase no mundo de Kandreon xunto a Luís, de quen está namorada. O rei Flavion escolleunos  para loitar contra os Seres Escuros e o Maligno. Así, Sara e Luís descubrirán a capacidade de transformarse en criaturas máxicas con poderes sobrenaturais, dispostos a devolver o equilibrio a Kandreon.


Cristina estará na nosa biblioteca o martes día 2 de marzo. Agardámola con impaciencia e curiosidade. ¿Cómo é posible que sendo tan nova poida ter xa escrito unha novela?  Esta é a primeira pregunta que todos se fan que Cristina saberá respostar, seguro con soltura, á vez que  transmitirá a súa  paixón de escritora e de devoralibros.

Mentras tanto podes atopar a Cristina tamén en FACEBBOOK


Vía Juvenil romántica

1 comentário:

cris♥ disse...

Ola!

Eu tamén teño moitísimas ganas de ir a coñecervos a todos e todas!

Un bico!

Cris