Cristina Prieto Solano ten quince anos. Vive en Ferrol. Estudia 4º ESO e guitarra e ademáis acaba de publicar a súa primeira novela: La claridad de la sombra.
Atopámonos ante unha obra pertencente ao xénero fantástico onde unha rapaza chamada Sara, tras achar un anel máxico, penétrase no mundo de Kandreon xunto a Luís, de quen está namorada. O rei Flavion escolleunos para loitar contra os Seres Escuros e o Maligno. Así, Sara e Luís descubrirán a capacidade de transformarse en criaturas máxicas con poderes sobrenaturais, dispostos a devolver o equilibrio a Kandreon.
Cristina estará na nosa biblioteca o martes día 2 de marzo. Agardámola con impaciencia e curiosidade. ¿Cómo é posible que sendo tan nova poida ter xa escrito unha novela? Esta é a primeira pregunta que todos se fan que Cristina saberá respostar, seguro con soltura, á vez que transmitirá a súa paixón de escritora e de devoralibros.
Mentras tanto podes atopar a Cristina tamén en FACEBBOOK
1 comentário:
Ola!
Eu tamén teño moitísimas ganas de ir a coñecervos a todos e todas!
Un bico!
Cris
Enviar um comentário