7.3.10

Por que escribes? (4)

Escribir.
Escribir é un sentimento máis, unha forma de expresarse, unha forma de encontrarse cun mesmo, unha forma de coñecerse. Cando me preguntan por que escribo, non encontro respostas para contestar. Realmente é coma se che preguntasen: por que sentes? Hai alguén capaz de responder a iso? Sentimos para manternos vivos. Escribimos para non morrer en vida.

O sentimento de escribir é un sentimento total, que abrangue dende o amor ata a infidelidade, pasando pola traizón e a dor; dende a alegría ata a pena, dende a liberdade ata a angustia, dende os sonos ata os pesadelos... O escribir é o todo, todo se fai posible escribindo.

Todos probamos algunha vez ese sentimento. Algúns encontrárono na súa totalidade e decidiron vivir del, outros conformáronse con exploralo superficialmente e abandonalo sen saber todo o que deixaban atrás; e outros moitos aínda están a aprender a camiñar con el, como eu.
Anímote
a que ti tamén te unhas a nós! O único que che podo prometer é un mundo sen límites, cheo de todo.

Sara.

Sara obtivo o 2º premio da súa categoría no V Certame do IES de SANXENXO



Por que escribo? (3)

Escribo, porque me gusta escribir.
Escribo porque as aburridas horas de inverno e as tardes chuviosas se pasan máis rápido escribindo. Escribo porque xa me cansei de facer outras cousas e porque a vida é menos monótona, máis amena e máis divertida cando se escribe.



Escribo sabendo que non servirá para cambiar o meu físico, nin os meus labios, nin os meus ollos, nin os meus pés ... Tampouco o meu futuro, seguramente non serei escritora nin nada que se lle pareza.



Pero escribo, a pesar de todo, porque sei que escribir pode cambiar o meu estado de ánimo, pode debuxar un sorriso e mesmo unha gargallada nun rostro sombrío, pode cambiar a miña mentalidade e tornala en positiva. Raquel

Por que escribes? (2)

A min axúdanme a escribir as experiencias vividas, os sentimentos, pero sobre todo os libros que lin e que me fixeron crecer con cada páxina que pasaba. As frases dalgúns quedaron na miña mente coma uns proverbios para a miña vida. Tamén estes títeres dos escritores, chamados personaxes, axudáronme a coñecer novas maneiras de pensar e de sentir, fixeron que adquirira novos puntos de vista e a modificar a miña opinión, xa que comprendo os seus procedementos e actitudes.
Escribir é plasmarte, a ti e ao que te rodea. Cada palabra, cada oración é parte de ti e da túa personalidade. Por iso hai tantas maneiras de escribir; as mesmas que de ler e entender ás persoas e situacións.
Escribir é o conxunto de todo o vivido, incorporar involuntariamente ás palabras as experiencias, o camiño recorrido. Aqueles sorrisos, aquelas bágoas. O medo á felicidade. A dor, a inquedanza. Os soños, a realidade. O pasado, o futuro. Pegadas que quedan e que nos indentifican.    MIRIAM

Por que escribes

EU ESCRIBO


Cando vai frío.
Cando xogo a ser quen non son, abro os ollos máis que nunca
e pinto as súas ventás dun negro brunido
no que a tinta da miña pluma travesa
salpica as caras
dos xordos, mudos,
paralíticos e cegos que me sorrín, só como súplica para que lles deixe camiñar sobre a miña descolorida letra,



para poder escoitar o rasgueo da tinta do meu instrumento sobre o papel,
para berrarse uns a outros e namorarse cos seus xa prudentes ollos dos do outro. Golpean na firme caixa de madeira na que os arroupo, sacódense, peléxanse por abandonar esa escura sala de espera na que xogan a adiviñar en que ollos vestirse ou que bicos deben dar.



Patean as xitanas, morren os dragóns e soñan os pequenos príncipes,
e así todos os días, así día tras día,
cos ollos bautizados e os labios caídos, cansos de durmir cun non é para sempre escrito na almofada e emborrachados de imaxinar o que imaxino.


Por iso, por iso escribo,
porque aínda me doen os seus xeonllos fincados na áspera madeira
e porque quero escribilos, porque aínda quedan moitas persoas que inventar.
                                                                                                                                          Ana

Ana  acaba de gañar o 1º premio de microrrelatos da SEDLL





25.2.10

Novelista aos 15 anos

Cristina Prieto Solano ten quince anos. Vive en Ferrol. Estudia 4º ESO e guitarra e ademáis acaba de publicar a súa primeira novela: La claridad de la sombra.


Atopámonos ante unha obra pertencente ao xénero fantástico onde unha rapaza chamada Sara, tras achar un anel máxico, penétrase no mundo de Kandreon xunto a Luís, de quen está namorada. O rei Flavion escolleunos  para loitar contra os Seres Escuros e o Maligno. Así, Sara e Luís descubrirán a capacidade de transformarse en criaturas máxicas con poderes sobrenaturais, dispostos a devolver o equilibrio a Kandreon.


Cristina estará na nosa biblioteca o martes día 2 de marzo. Agardámola con impaciencia e curiosidade. ¿Cómo é posible que sendo tan nova poida ter xa escrito unha novela?  Esta é a primeira pregunta que todos se fan que Cristina saberá respostar, seguro con soltura, á vez que  transmitirá a súa  paixón de escritora e de devoralibros.

Mentras tanto podes atopar a Cristina tamén en FACEBBOOK


Vía Juvenil romántica

9.2.10

Chegan máis poemas!!

¡Ay señor! si me dejaras una mujer tener
sus ojos no serían azules, ni verdes,

tampoco castaños, serían negros,
como mis castañuelas,
como mis zapatos.

Sus pies de arcilla,
el corazón hecho tinta.


Su barbilla apoyada siempre
en mi pecho, sus brazos,
anudados con fuerza a mi cuello.


Sus pies de arcilla,
el corazón hecho tinta.


Ay señor, te lo suplico,
quiero una moza, para cantarle el amaeces,
quiero su fino cabello entre mis manos,
quiero sus besos, y tambien sus abrazos.


Grita fuerte el jilguero,
grita sueños al cielo.

Envueltos los pies en arcilla,
tinta en el corazón. Ana Uhía

6.2.10

Algo de poesía

Tendo como referente o poema Diez palabras de Gonzalo Escarpa, os alumnos de 2º ESO crearon o seu propio poema coas súas dez palabras favoritas. Velaí unha mostra do recollido.

Sólo diez palabras                                                                     


Son diez palabras,
diez palabras que me gustan,
las que aquí os voy a citar.

No sé el orden,
ni lo creo saber,
aunque puede que océano
una de las diez
llegue a ser.

De segundo plato,
vegetales variados
os pienso servir,
tomate, cebolla, lechuga;
ensalada.

Lobos, son bestias,
hombre-lobo, ser humano,
persona, no existe.
Hombre-lobo es la tercera palabra.

Luz es la cuarta palabra,
que proviene del Sol,
Sol amarillo y naranja
protector de su legendario esplendor.

Alemania ya es la quinta,
escalofrío es la sexta,
la sexta es un canal,
pero no mi séptima.

Mi séptima es colibrí,
pequeño y danzarín,
burbuja es la octava
que por el mar flotaba.

Antiguo su inicio
fantasmal y ancestral,
la palabra primitivo.

Última décima,
once menos uno,
árboles de letra…
El bosque.
                                RODIÑO BALBOA, Ricardo



Mis diez palabras.

Voy a elegir diez palabras,
diez palabras voy a elegir,
solo diez palabras.

La palabra primera
será fotografía
porque con  ella
puedes expresarlo todo
sin ninguna palabra.

La segunda va a ser,
todo, una palabra
que lo dice todo,
pero sin decir nada.

En tercer lugar,
ordenador, mp4,
móvil, y DVD
son las nuevas tecnologías.

Sólo me quedan cuatro
cuatro sólo me quedan
cuatro palabras sólo.

Una de estas cuatro
será la familia,
la que te apoya y
comprende
en los momentos duros.

La octava palabra
será sandía,
porque por fuera
es dura,
pero en su interior tierna.

La novena será trofeo,
una chatarra
que no sirve para nada
sino por reconocimiento.

Y la última palabra
la última palabra
es cuadro, porque
te diviertes pintando.

Estas son mis diez palabras,
mis diez palabras estas son ,
Ahora que ya te las he dicho
dime tú cuales son.

                                          SUEIRO FERNÁNDEZ, Alberto



Dime cuales son tus palabras favoritas
y te diré quien eres.

Para mí
la primera otorrinolaringólogo
porque es larga
y se puede usar de título.


La 2 podría ser
un adjetivo en femenino
tacaña.


La tres, caúcaso
no necesita explicación.
4 pincel
5 terrible


esternocleidomastoideo puede ser la sexta,
aunque tal vez algo rebuscada,
mamá sería más fácil
pero también más tonto.


La siete llamarada
podría escoger diablo
pero prefiero hielo,
sí, hielo es la octava.


La novena palabra es psicótico
(siempre me gustó).


La décima fin.


                                              ADRIÁN MELÓN